Tronzar Os Valos Songtext

Ses

von Tronzar Os Valos

Tronzar Os Valos Songtext
Que veña o sono a levarme a un paraiso
sen santos nin gardians nin purgatorios
que sexa o quen decida o que ilusorio
que o traidor non se esconda tras o aviso
que a soidade me baste que non carcoma
ausencia penetrante a miña vida
que non me dea tanto por vencida
que non sexa un segundo unha deshora
para exiliar a peste das luas suicidas
pra encher os ocos das pegadas
das urxentes despedidas
para poder seguir cantando
cando ansio unha saida
para tronzar os valos
das luas prohibidas
que suba todo o que baixa
delito incluido
que o pague quen se nutre da miseria
que so sexa razon raiña eterna
que abdique do seu trono o prexuizo
e que non se acumule as crueis demoras
os vertes sen sumar que as melodias
as caras con olleiras as desidias
as tardes de tristuras triunfadoras
para exiliar a peste das luas suicidas
pra encher os ocos das pegadas
das urxentes despedidas
para poder seguir cantando
cando ansio unha saida
para tronzar os valos
das luas prohibidas
para exiliar a peste das luas suicidas
pra encher os ocos das pegadas
das urxentes despedidas
para poder seguir cantando
cando ansio unha saida
para tronzar os valos
das luas prohibidas


(Gracias a jose antonio por esta letra)