Ses

Romance Da Bela Rosa
Unha vez houbo unha flor que só ulía certa xente no xardín dun gran demente con máis poder que razón A rosa leda medrou, medrou soa e sen axuda, era forte coma ruda, contra o frío e o calor Saíu o sol e corou, co seu vermello impoñente, tanto, que ao amo e a outras xentes molestou o seu primor No canto de con amor, ollábana con vaidade, e ante a fermosa humildade respostaron con temor Moitas flores do redor, de xardíns de alleas terras, aplaudiron moi contentas cando o amo as recortou A planta quedou sen flor Songtextepero aínda resistía, porque a raíz se nutría da terra que a enxendrou A terra considerou que o seu froito era inocente, que fora nobre e valente e dela se preocupou A auga axiña chegou e o resto de compañeiras acudíronlle lixeiras e calmaron a súa dor Certo día aquel señor foi alabar a maceira e reparou na roseira que cortara con rancor Mil rosas con esplendor recendían maxestuosas unhas espiñas máis grosas que as tesouras do señor Comprendiu o amo entón, o seu crime despiadado, caiu ao chan apenado e pola rosa chorou Aquela primeira flor só no recordo latexa pero se a raíz é rexa a planta non morre, non Aus Songtexte Mania