Ses

Co Sorriso Ante A Malicia
A onde fuxir? A onde escapar? Onde encontrar un resto de cordura? E a quen podemos apelar? Para esixir o final da tortura? Cando é o momento de cargar e disparar? Decisión miña ou súa? E hai outra forma de operar compatíbel coa cultura? Como aferrarse á opinión de que a palabra é o misil pertinente? Como facer que a ilusión teña cabida no presente? E de que nos serve a indelección en corpos que non teñen sangue quente? E cando foi que a outra versión abandonou o continente? Como podemos descolar as bocas que precintou a desidia? Pódese aínda recuar, ou hai que crer no imperio da impericia? SongtexteE a acción en filme de Van Danme, a voz fuxiu de viaxe con Alicia E hai que avivar o ben moral co entusiasmo da milicia co entusiasmo da milicia E co entusiasmo da milicia e co poder da diversión, coa fondura da caricia. E co abrazo da elección, coa esixencia de ledicia, co orgullo da paixón, co sorriso ante a malicia. E por quen pedir? Por quen loitar? Cal é, de certo, un alma imprescindíbel? Con quen debemos negociar, a importancia do rendíbel? Onde podemos ir buscar? O denodo da mente redutíbel? E segue a existir o talismán que nos une ao invisíbel? Como sabemos se a función substituíu a vida para sempre? Se hai na seguinte xeración un pesticida que borre o evidente? Xa sen marxe de actuación, sen fruito para a semente. Ante a inminencia da detonación hai que deixar ver os dentes, hai que deixar ver os dentes E hai que deixar ver os dentes e opoñerse á extinción, bombear o sangue quente E encomendarse á submisión, desafiar o decadente co amparo do bastión, coa ousadía da valente Co entusiasmo da milicia E co entusiasmo da milicia e co poder da diversión, coa fondura da caricia. E co abrazo da elección, coa esixencia de ledicia, co orgullo da paixón, co cagarse na inmundicia co sorriso ante a malicia Co sorriso ante a malicia co sorriso ante a malicia co sorriso ante a malicia, co sorriso ante a malicia... Aus Songtexte Mania