Ses

Desde O Altar
A golpe de entoar cantos de sorte facemos resoar ecos faltos de savia pra avivar a forza de enxalzar tanto desnorte abrimos paso a espantos e a quebrantos e a mil contos por contar gurús que perpetúan mitos de noites que son de pedra, avanzan como a hedra e que só medran porque os deixamos medrar E o medo espera moi paciente e non sucumbe ao desalento e hai unha sombra en cada esquina preparada prometendo amparo a todos os paxaros que alí queiran aniñar A falta de campás tocando morte mantemos estadistas con coristas que nos guían pra bailar un son de aburrimiento e de remolques que cargan coa indolencia e a indecencia e encantados de acatar seguimos a portar sombras de onte que son de pedra, avanzan como a hedra e que só medran porque as deixamos medrar E o medo espera moi paciente desde o altar Songtextee non sucumbe ao desalento desde o altar e hai unha sombra en cada esquina preparada prometendo amparo atodos os paxaros que ali queria aniñar Que o medo non coñece a presa dese o altar e asexa cómodo e sorrinte desde o altar coa seguranza do que avanza fachendoso e con alardes nun sendeiro de covardes que o veneran ao pasara Rebeldes estadeas toman o monte ruxindo sen mesura na procura dunha vida pra habitar que as poida liberar e que desmonte a farsa dos censores e os temores e debemos aspirar a ser un forte mar rompendo as pontes que son de pedrra, avanzan como a hedra e que só medran porque as deixamos medrar. (Gracias a Ángeles por esta letra) Aus Songtexte Mania