Ses

Non Son Fada
Se teórica é a causa, práctica é a consecuencia. Non quero asumir ausencias nin chorar para partir. Comer e deixar que comas, vivir e deixar que vivas, loitar se a loita é precisa e rir se é preciso rir. Non son fada nen princesa a quen mirar. Non sei cobrar cando estimo nen dou se non quero dar, quero falar e falar sen dar nada por ouvido. Camiñar cos pés no chan negar deuses asasinos, non crer sen ver, dubidar, confiar só nos sentidos. Fanme rir porcos de pé, contemplo olvido e memoria. Só forxa patrias a historia, fabríqueas quen quixer. Cuspo enriba do papel que mutile a identidade, viro as costas ás vaidades, deséxolle a morte aos reis. Aus Songtexte Mania