Ses

Admirando A Condición
Sen pararse nin bulir marcha a vida e eu aquí, apelando á comprensión dun xurado sen perdón, dun exército sonámbulo, dun santo con fusil, dun metódico axudante de arlequín. Promulgando un baleiro legal, a queima do cuartel, repatriando as exiliadas de Babel. Pido prórroga de fe propoñendo o meu ceder, adiando a decepción, admirando a condición dun dogmático sen límites, do ateo inquisidor, dunha liga de insubmisos da razón, dun escéptico atónito, dun mundo sen muller, dun arrítmico afillado de Ravel. Admirando a condición do ridículo, do absurdo, do ilóxico... Apelando á comprensión... Aus Songtexte Mania