Ses

Se Cadra
Se cadra non falei, se cadra estaba triste, se cadra é que mentín ou ti te confundiches. Non asina quen son todo o que aseguraba, voltei a non saber, outra vez non sei nada. E cando pola fiestra os meus ollos miran e no medio do monte se ven perdidos, canto polos que choran as despedidas e choro polos que viven arrepentidos. E agora que aprendín que todo se paga, que non comulga coa inocencia esta vida, choro polos que viven arrepentidos e canto polos que choran as despedidas Esquecín se a razón fixo acto de presenza, máis hoxe hai un porqué onde houbo indiferenza. Medo de non saber como dicer verdades, como chegar a ser un pasado agradábel. Aus Songtexte Mania