Ses

Milonga De Aquí
Con aire fresco de mar Curo feridas e loitos Que sexan poucas ou moitos É necesario sanar E vendo o mundo rodar Dando tumbos de vencido Dou por perdido o perdido E recollo o que quedou E co que me queda vou Seguindo o meu percorrido Para seguir camiñando Fago noite na esperanza Apóiome nas lembranzas E aliméntome de sons E nútrome das cancións Que dan cor a esta existencia Evitando a disidencia Dun obrigado vivir Que me fan chorar e rir Que me instalan na insurxencia E quero bailar ao ritmo Do que vive ilusionado E coa voz do silenciado SongtexteCantar quero con paixón Coa querenza e coa emoción Da que non pretende nada Máis que seguir namorada Mentres quede corazón Aspiro a soñar esperta Para facer máis levadeiro Este treito traizoeiro que garda unha fin incerta e cantar a gorxa aberta e deseñar utopías para encher de luz os días en que o sol non me sorrí en que non te teño a ti para inspirarme melodías E así seguirei rimando No medio do bombardeo Emulando o canso reo Reconvertido en poeta Que ten o fóra por meta E ten o dentro baleiro Un ollar sempre tristeiro E o pensamento no ar Onde voa o meu cantar Onde non hai carcereiro Invocando a redención Neste recuncho do mundo Faise o meu cantar profundo Como a terra en ultramar Coro faise o meu cantar Ao saberme secundada Aínda sendo abandeirada Dos que as levan de perder É por eles que hei morrer Sentíndome acompañada E na liberdade áurea Do melódico elemento Baila a risa co lamento E o cego co soñador O paria co gañador e o rebelde co castrado que, co sentir mutilado, ignora aquilo que eu sei por el é que eu berrarei para velo liberado Aus Songtexte Mania