Ses

Co Xenio Destrozado
Parece que isto está moi morto que non habita en min ninguén que me mirou de lado un torto que superei os límites que mañá non o hei ver distinto nin direi outra vez será que nin che importa nin che minto e se me mintes éme igual. Unha vez quixen sen motivos Sen a menor das condicións Coa independencia dos esquivos e a lealdade das lexións supediteime e soltei lastre e vinme a cen metros de min e superei aquel desastre pero ante todo comprendín. Que eu nin podo nin quero nin debo volverme fiar Da cultura da media verdade, da estafa legal. Que eu xa corto e deserto e me aparto de toda moral que aprendín moito máis cuestionando o saber popular. Songtexte E xa virán tempos mellores Que non choviu sen escampar E só tes risas se tes dores E non hai loita que librar Que sempre houbo ricos e pobres E as pulgas a can fraco van Que a moito ruído, poucas noces E onde hai fume o lume está. E hai que gardar sempre das risas Que non se mama sen chorar Que non se pode estar na misa E ir para fóra repicar Que o tolo vai onde van todos Vicente vai no pack tamén E sempre andamos un por outro E a puta casa sen varrer. Que as nenas xogan con bonecas E os rapaciños con balón E a min sacábamas da caixa O meu veciño Juan Ramón Que o ateísmo é satanismo Porque algo máis terá que haber E viva o individualismo e o santo cu de cada quen. Que os homes son coma o bo viño Que sempre tende a ir a mellor E eu coñezo algún pobriño Que xa onde vai que se picou. E que se os extremos son malos E as medias tintas son xeniais E eu co xenio destrozado E eles a destrozarmo máis Aus Songtexte Mania