Luar Na Lubre

Romance De Novembro
Novembro volveu, esváense de néboa os cumes do corazón e viaxa nun marco o sorriso de alguén, chamadas perdidas en gris, son eu quen embaza o cristal outra vez, unha avelaíña a durmir. Novembro volveu e canta esta vella canción a quen esqueceu. Debuxo ao voar un mapa de luces: Seilán, O Vilar, Xerdiz, conxélase a noite onde Castromaior a última vez que te vin, mollei o vestido no campo do adeus, caeron estrelas por ti. Alí seguirán as luces da terra e un leito no teu pumar. Novembro volveu, e canta esta vella canción a quen esqueceu. “Enterran semente”, dixera Daniel, sen culpa, sen nome nin lei, marchei sendo nova e o medo quedou, non é unha historia de amor. Alí han de seguir as luces da terra, Amada, Adrián, Manuel. SongtexteNo alto do ceo caeron estrelas por quen nunca regresou. Conxélase a noite onde Castromaior a última vez que te vin. Se xean as augas da fonte, eu direi que fale Novembro por min. E Novembro volveu e canta esta vella canción a quen esqueceu. Aus Songtexte Mania