A Virxe Do Portovello Songtext

Rozalén

von Matriz

A Virxe Do Portovello Songtext
Eu canto para olvidare,
eu canto para olvidare
as penas que levo dentro,
para así non me matare.

A virxe do Portovello
ten a cara para o mar.
Para ve-los mariñeiros
cuando veñen de pescar.
Polo mar abaixo vai o meu amor
Polo mar abaixo vai o meu ben.
Polo mar abaixo vai unha barquiña
moi achegadiña á vía do tren.

A virxe do Portovello
non deixa mais de chorar.
Chora por aquela xente
que deixa a vida no mar.

Polo mar abaixo vai o meu amor
Polo mar abaixo vai o meu ben.
Polo mar abaixo vai unha barquiña
moi achegadiña á vía do tren.