2000 Años Máis Songtext

Ses

von Tronzar Os Valos

2000 Años Máis Songtext
Vendedores de miserias,
eruditos sen mentor,
tiradores sen visor
apuntando convencidos
á fronte do pensador.

Portadores de condenas,
da fatiga habitual
dunha pena capital,
da loubanza da perfidia
que protexe ao criminal.

refrán:
Restauramos columnas
que terman das pests,
de infernos terrestres,
de gritos sen voz.

Xeracións inertes
desandan o andado,
parindo o herdado,
a fin de poder perdurar...
2000 anos máis.

Parte 2:
Corpos cegos de soberbia,
costas podres de sor,
normalización da dor,
corruptores das estrelas
ídolos da persuasión.

Embalando a dignidade
sen columna vertebral,
ensalzando ao Xeneral,
impedindo a pervivencia
de todo resto moral.

Refrán x2.

2000 anos máis...
2000 anos máis...


(Gracias a LiricistaNoLousado por esta letra)